Reunión 17.09.2014

Reunímonos o 17.09 na praza do Azougue en Betanzos para tratar os temas:

  • Novos proveedores
  • Novo local
  • Organización semanal
  • Novos consumidores

Resolvemos:

  • Facer as reunións de recollida no mesmo horario e día da semana que até agora
  • Xuntarnos en R/San Francisco 23 mentres non haxa alternativa mellor
  • Engádense como produtores: A horta do Sacho (produtos non perecedeiros e vexetais – os primeiros a partires de novembro), Peixe da Coruña
  • No caso do peixe a encomenda farase coa axuda dun grupo de whatsapp até o mesmo mércores as 8 da mañá e o produto o traerán Inma e Xacobe ou os produtores que pasan no día por Zocamiñoca
Advertisements

Reunión do 15.11.2012

Olá

na reunión de hoxe tratamos varios puntos e tomamos as seguintes decisións con relación ó funcionamento do grupo:

  1. As entregas de producto faranse os mércores 19:30 – 21:00 no local da CNT Betanzos.
    Millo e Landras entrega as 19.30 e de ser preciso polo tipo de produto que traia poderia quedar ate as 21h.
  2. Pagamentos/ Contabilidade: pagamento mensual en efectivo de cada consumidor a cada productor. Faranse o primeiro mércores de cada mes para os consumos do mes anterior. Cada produtor e cada consumidor levará a conta do seu consumo persoal para cadrar números no fin do mes.
  3. Recursos tecnolóxicos: quedamos polo de agora co blogue máis grupo de google e formulario google, paliando as deficiencias con texto (produto non dispoñible) e algún script a maiores. Nun futuro se podería falar de crear unha tenda online, de considerar que é preciso.
  4. Pedidos:
  • para queixo fresco, cada un trae o seu tupper ou o leva en bolsa de plástico para casa
  • Quedamos pendentes de organizar o consumo de froita e produto seco: Zoca? Daiqui? Equilibrio? Pepe falará con Zoca e/ou con Daiquí
  • Os pedidos faranse até o luns 19:30 como moi tarde