Peixe

Resolto o tema do peixe.

Vannos servir Milo e Rubén de Peixaría Marisquería Das Rías os mércores co resto dos produtores. Os pedidos os faremos a través do grupo de whatsapp no mesmo día.

Advertisements

Novo local e novos produtores!

Damos a benvida á Horta do Sacho que nos vai traer vexetais dende xa e non perecedeiros a partir de Novembro. Benvidos Peio, Fernando e Iago!

Tamén damos a benvida a Xosé Iglesias que nos traerá produtos fresquiños do mar que podedes ver listados na pestana de pedidos. Benvido tamén!

Tralo peche do local da CNT en Betanzos estaremos recibindo os produtos na rúa San Francisco. Moitas grazas ós compañeiros da CNT por estes dous anos que nos facilitaron o comezo do proxecto e a Marta e Ramón que nos permiten continualo! 😉

—————

23.09

Parece que hai dificultades co peixe e queda polo de agora parado. De haber interese no grupo poderiamos buscar algunha alternativa.

Banco de sementes

O día 4 de Decembro, as 21.00h da noite no local da CNT Betanzos, propoñémosvos unha xuntanza pra organizar un Encontro de Sementes en Betanzos, encadrado dentro da Rede Galega de Sementes.

Dende hai tempo, A Rede Galega de Sementes ven organizando diferentes encontros en distintos lugares do país.Brevemente, describir o seu traballo e idea dos mesmos; que consistiría en platexar unha xornada ( dende a mañán a tardiña) na cal ademáis de distintos postos de productores e artesáns, así como a posibilidade de facer obradoiros/ debates/ mesas redondas… entorno a temática, ten lugar a mesa de intercambio de sementes.

O obxectivo desta mesa, é favorecer o intercambio e troco de sementes, coa finalidade de conservar a diversidade e calidade das nosas especies.

A idea desta xuntanza do día 4, sería atoparnos pra falar da organización desta xornada ( cómo preparala, contactar con diferentes axentes, repartir tarefas de organización e loxística do encontro, pensar en posibles obradoiros/debates/mesas redondas… que poidéramos considerar interesantes para o encontro…) e sobre todo xuntarnos pra intercambiar ideas e propostas pra facer e ofrecer unha bonita xornada de troco de sementes en Betanzos!

Esperámosvos o día 4 de Decembro, as 21.00h da noite, no local da CNT-Betanzos con moitas ganas!

Un saúdo e ata pronto!