Xornada informativa: innovación no campo no futuro

Dende o Blogue de Xestión  Agrogandeira e Natureza nos informan desta xornada informativa sobre os xeitos de financiar no futuro a innovación no agro que terá lugar o vindeiro 06.06.2014 no CIAM (Mabegondo).

Deixámosvos a ligazón ó artigo e animámosvos a participar.

Advertisements

Banco de sementes

O día 4 de Decembro, as 21.00h da noite no local da CNT Betanzos, propoñémosvos unha xuntanza pra organizar un Encontro de Sementes en Betanzos, encadrado dentro da Rede Galega de Sementes.

Dende hai tempo, A Rede Galega de Sementes ven organizando diferentes encontros en distintos lugares do país.Brevemente, describir o seu traballo e idea dos mesmos; que consistiría en platexar unha xornada ( dende a mañán a tardiña) na cal ademáis de distintos postos de productores e artesáns, así como a posibilidade de facer obradoiros/ debates/ mesas redondas… entorno a temática, ten lugar a mesa de intercambio de sementes.

O obxectivo desta mesa, é favorecer o intercambio e troco de sementes, coa finalidade de conservar a diversidade e calidade das nosas especies.

A idea desta xuntanza do día 4, sería atoparnos pra falar da organización desta xornada ( cómo preparala, contactar con diferentes axentes, repartir tarefas de organización e loxística do encontro, pensar en posibles obradoiros/debates/mesas redondas… que poidéramos considerar interesantes para o encontro…) e sobre todo xuntarnos pra intercambiar ideas e propostas pra facer e ofrecer unha bonita xornada de troco de sementes en Betanzos!

Esperámosvos o día 4 de Decembro, as 21.00h da noite, no local da CNT-Betanzos con moitas ganas!

Un saúdo e ata pronto!

Reunión do 15.1.2013

Na reunión do martes 15.01 acordamos:

  1. Admitir até 12-15 socios en total mentres non mude a nosa situación loxística
  2. Manter o compromiso de compra a produtores locais en canto estes teñan produto que ofertar (pasado o inverno)
  3. Tivemos a visita de outros produtores, mais ou non se chegou a acordo con eles posto que non suplian as nosas deficiencias senon que supuñan competencia para os que xa traballan con nós e non sería rentable nin para eles nin para nós ou noutro caso seguimos aínda en conversa
  4. Comezar o consumo con daiquí para productos non perecedeiros e o fresco que non poidamos atopar nos produtores locais – O sistema de petición para o Grupo de Consumo de Betanzos será:
    1.-pedido cada duas semanas, antes das 20h do luns, comezamos esta vindeira semana (pedir ate o día 21)
    2.- pidese na súa web e ponse o nome que pide e ao final a frase que vos pasou Inma no correo informativo
    3.- pago: de momento cada un paga o seu mediante o sistema que fixa Daiquí na web. Tamén temos a oferta de facer un pago único mensual para evitar gastos bancarios (pendente para máis adiante)
    4. – Lembran que se pedimos “envase” completo (saco patacas 10 kg, caixa froita…) fan o 10%Teñen oferta de fresco propia a día de hoxe (mirar web). As leitugas ecoloxicas son de Murcia -cultivadas ao aire, sen invernadoiro.